martes 3 de noviembre de 2009

Premios María Moliner 2009

A nosa biblioteca foi distinguida, de novo, como unha das bibliotecas seleccionadas nos Premios María Moliner de animación á lectura, na súa edición de 2009. A Campaña de Animación á Lectura María Moliner, organizada polo Ministerio de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Coca-Cola, convocada para concellos de menos de 50.000 habitantes de toda España, é o concurso máis importante no mundo das bibliotecas españolas, que se celebra dende 1998 e que pretende premiar ós mellores proxectos para promover a lectura dos nenos e mozos nas bibliotecas do territorio estatal.
Este ano as bibliotecas gañadoras foron a biblioteca de La Vall d’Uixó (Castellón), na modalidade de Animación á Lectura; a biblioteca de Astorga (León), na modalidade de Labor Bibliotecaria; e, finalmente, a biblioteca de Sevilla la Nueva (Madrid), na categoría de Integración Social.
Recordamos que no ano 2006 a Biblioteca do Porriño gañou o Premio Nacional na modalidade de Animación á Lectura, e o ano pasado unha mención de honor nos mesmos premios. Tamén levamos sendo seleccionados entre os 350 mellores dende o 2002. Agradecemos este novo recoñecemento ao noso traballo por parte dos organizadores do concurso, un recoñecemento que non podería chegar a bo porto sen a complicidade dos nosos usuarios e usuarias. Grazas e noraboa a todos e todas.

viernes 30 de octubre de 2009

Boletín de novidades nº 66

Xa tedes na páxina web o novo Boletín de novidades (nº 66)

miércoles 14 de octubre de 2009

Boletín de novidades nº 65

Xa tedes na páxina web o novo Boletín de novidades (nº 65)

jueves 8 de octubre de 2009

Fallo O pracer de ler 2009


Xa temos gañador do concurso O pracer de ler 2009. O xurado ditaminou que a fotografía gañadora é "Literacy for all" obra de Sudipto Das, de Calcuta (India). Nela se retrata como un conxunto de mulleres dunha vila rural de Bengala do Leste toman parte nun programa de alfabetización de adultos.
Neste enlace poderás ter máis información e ver todas as fotografías participantes


Puxémonos en contacto con Sudipto Das e enviounos o seu curriculum:
Graduado con honor en Comercio pola Universidade de Calcuta, fotógrafo autodidacta, agora traballa como fotoreporteiro para The Times da India, o xornal máis importante do país. Tamén traballou para a Associated Press (AP), a European Press Photo Agency (EPA), BBC News online, SPAN e o magazine India Today. Os seus traballos foron publicados no CITY magazine (EEUU), M.I.L.K.(Nova Zelandia), The National (Dubai) etc. A cobertura dos seus traballos internacionais e nacionais inclúen eleccións, conflitos, importantes figuras públicas e personaxes de estado así como historias da vida común.

Ten recibido varios premios internacionais incluíndo o Gran Premio no UAE Photography Competiton; o 1º premio no IPC 2009, de Indonesia; 1º premio na competición fotográfica WACC 2009, de Toronto; gañador do premio NatGeo Moment de 2009 da India, na categoría Xente; gañador do gran premio na Intrepid Photography Competition 2008, de Australia; 1º premio no concurso fotográfico Avós de 2008, nos EEUU; 1º premio na categoría de retrato no concurso fotográfico Olympus 2008, en España; 1º premio no concurso de fotografía “La Mirada Detained” de España, no 2008, na categoría de viaxes; 1º premio no concurso fotográfico The Human Heart, de Singapur 2008; 1º premio no concurso de fotografía australiano Photo Continental Street, no 2008; Fotógrafo Medioambiental do Ano 2007, no Reino Unido; 1º premio no concurso de fotografía internacional WHO 2007, de Suiza; 1º premio na categoría ensaio no Charnwood Arts 2007, de Reino Unido; 1º premio no World Lung Foundation de EEUU; finalista na competición Magic of Science en KNAW, Holanda; Premio Epoch Times Masterpiece, en China; premio Rising Star do National Geographic en EEUU, etc.

Sudipto Das participou en exposicións colectivas no “Castelo” Smithsonian de Washington DC; na Universidade Internacional BINUS de Yakarta en Indonesia: no museo NEMO de Amsterdam; no Pavillón do Parque das Artes Mile End de Londres; no Loughboroug Town Hall, de Reino Unido: no Centro Cultural de Chaves en portugal; e na galería de arte “Identity” de Singapur.

viernes 2 de octubre de 2009

Estatísticas da biblioteca


Posteamos as estatísticas de préstamo persoal da biblioteca incorporando os datos dos últimos meses. Como podedes ver, seguimos case a duplicar as cifras do ano pasado.

viernes 11 de septiembre de 2009

Boletín de novidades nº 64

Xa tedes na páxina web o novo Boletín de novidades (nº 64)

miércoles 12 de agosto de 2009

Boletín de novidades nº 63

Xa tedes na páxina web o novo Boletín de novidades (nº 63)