miércoles 5 de septiembre de 2007

Pero... que é iso do blog? (Obradoiro de creación)

O xoves día 19 de setembro, en quenda de mañá (9,00–13,00 horas) ou tarde (16,00-20,00 horas), a Biblioteca Municipal do Porriño convoca un curso de creación e xestión de blogs en relación á inauguración da Comicteca. Impartirase no Centro Neural de Torneiros, da man de Miguel Visconti, Especialista en Administración de Sistemas Informáticos, e Bolseiro Dinamizador da Sociedade da Información do Concello do Porriño. Podes anotarte dende xa na Biblioteca Municipal, a través do teléfono 986337624 ou do correo electrónico biblioteca@centroculturalporrino.com.