lunes 17 de septiembre de 2007

Éxito da cosplay

Todo un éxito a inauguración da comicteca, que tivo lugar o venres 14 de setembro, a través dunha festa “cosplay” (na que se asiste disfrazada da personaxe de cómic preferida). A festa contou cunha grande cantidade de público, tanto menores como adultos, que tomaron un primeiro contacto co fondo fundacional da comicteca, e na que tamén se proxectaron “animes” , é dicir, animacións do manga xaponés. O acto contou tamén coa presenza da Delegada de Cultura de Pontevedra, María Jesús López Escudero, quen felicitou á biblioteca porriñesa por innovar apostando pola presenza da banda deseñada nas bibliotecas públicas. Podes ver máis fotos clicando aquí.