viernes 14 de mayo de 2010

Cans para cativos

Este ano volvemos a colaborar co Festival de Curtas de Cans coa proxección de varias curtas de animación premiadas en edicións pasadas. Co título de "Cans para cativos", proxectaremos o mércores 10 de maio, ás 18,30 no auditorio, unha selección de películas para todos os públicos:

Lelo y las estaciones
Ano 2008 / 6 min
Dirección, guión adaptado, realización e edición: Maria Becerra Gestal
Baseada no conto popular "El burrito descontento"
Dirección artística: Xana Morales
Dirección técnica: Xabi Juiz
Música: "La siguiente estación"
Sinopse: Este burriño, como todos nós, cando chega o verán bota de menos a choiva e cando chega o inverno bota de menos o sol.
O detalle: Foi un proxecto do Máster en Creación e Comunicación Dixital da Universidade da Coruña.

O soldadiño de chumbo
Ano 2008 / 12 min.
Dirección: Virginia Curiá e Tomás Conde
Baseada nun relato de H.C. Andersen
Produtor: Pancho Casal
Producida por Continental Producións e Algarabía
Produtora executiva: Chelo Loureiro
Música orixinal: Emilio Aragón
Deseño de personaxes: Alfonso Costa
Sinopse: Fermosa adaptación do clásico de Hans Christian Andersen. Os xoguetes e as figuras deseñadas en plastilina cobran vida ata lograr unha historia que chegará a emocionarte.
O detalle: O actor e director Emilio Aragón compuxo unha banda sonora digna de escoitar con atención.

A flor máis grande do mundo
Ano 2007 / 10 min.
Dirección: Juan Pablo Etcheverry
Guión baseado nunha historia de José Saramago
Música: Emilio Aragón
Narración: José Saramago
Ilustracións: Diego Mallo
Produción Executiva: Chelo Loureiro
Producida por: Continental Animación
Sinopse: Un conto entrañable do Nóbel José Saramago levado a animación en plastilina. A historia dun escritor que di non saber como se escriben historias para nenos.
O detalle: Non perdades a reprodución de Saramago en plastilina e súa voz como narrador da curta.

O señor dos mosquis
Ano 2005 / 12 min.
Dirección: David Rubín
Guión: Beatriz Iso
Producido por: Dygra
Produción executiva: Tania Pinto Da Cunha
Sinopse: Vertedoiros, medio ambiente e concienciación sobre a reciclaxe e o gasto responsable de auga. Capítulo final da Saga dos Mosquis para Manos Unidas.
O detalle: Ideal para concienciados sociais e defensores do 0,7%.