Xa temos gañador do concurso O Pracer de ler 2011 da Biblioteca do Porriño. Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración, o concurso tivo unha gran participación e recibimos fotografías de moita calidade que están expostas no Centro Cultural Municipal. Nesta edición o xurado dictaminou que o gañador do concurso é Fernando Carrero coa súa obra “Paseo e lectura” que posteamos. Noraboa ao gañador e a todas as persoas participantes.
