martes 8 de noviembre de 2011

Feira do Libro e da Artesanía

Dende o xoves 10 de novembro ata o sábado 12 de novembro celebramos a Feira do Libro e da Artesanía, que se desenvolverá na praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño. En horario de 11.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas, ademais de poder visitar as diversas casetas nos que se exporán libros de toda índole e obxectos artesanais, o público tamén poderá gozar con contacontos, talleres e actividades de animación de rúa. A feira contará coa participación das librerías do Porriño e da editorial Barafunda.