Xa temos gañadora do concurso Que mellor cesta de Nadal que unha chea de libros! A gañadora foi Sonia Martínez González, unha nena de 10 anos do Porriño que recibiu o noso premio literario na biblioteca de mans do alcalde, Nelson Santos, e da concelleira de cultura Teresa Veloso. Este ano batemos o record de participación, case o dobre do ano pasado, con 1.450 papeletas.A biblioteca quere ofrecerlle os seus parabéns á gañadora, e agradecer a participación de todos os seus usuarios e usuarias nesta nova edición do concurso.